A CIDADE QUE HABITAMOS

Artábrigos
Cidadáns da Artabria
Un blog adicado a presentar, discutir e informar encol dos temas vencellados á Artabria e mail-os seus cidadáns.
Idea: Xan Peiró Ponte
Colaboración: Xosé Martínez-Romero Gandos
Tema de hoxe: A cidade que habitamos
Outros temas anteriores: As pontes do golfo Ártabro
Comentarios sobre os ártabros
(ler a continuación deste artigo)
Podes comentar enviando correo a: artabrigo@mundo-r.com

Deciamos nun artigo anterior que presentabamos ideas para a consideración dun proxecto de construcción dunha infraestructura que uniría mediante tres pontes a Area do Golfo Ártabro desde A Coruña a Ferrol, proxecto que aportaría melloras e vantaxes medioambientáis, melloras na comunicación rodoviaria, diminución da emisión de gases por aforro de quilómetros percorridos, etc.,etc., nunha zona importante e atractiva que permitiría o desenvolvemento dos territorios que habitamos para mellorar o noso benestar e calidade de vida, un territorio único e cunha integración industrial, de I+D, demográfica-social de máis de 600.000 habitantes, constituíndo a primeira poboación de Galiza e comparábel coas máis desenvolvidas do estado español.
Moitos de vós que leedes estas notas pensaredes ¿cál é a idea principal? Pois constituir “a cidade da Artabria”.
Habitamos nun territorio mais pretendemos non ficar nun mero “ocupar o sitio”, “ser posuidores dunha vivenda”. Non é este o conceito sociolóxico actual. Din os sociólogos que non habitamos porque edificamos senon que “edificamos e construimos porque previamente habitamos”. E nós, os que habitamos na zona descrita, somos “cidadáns da Artabria”.
Morar, vivir nunha casa, habitar nun determinado espacio xeográfico supón un “acto fundacional e fundante” (concepto de Enrique del Acebo Ibáñez en Estudios del IMAE Nº 1 – 1998). É o que habita nun sitio o verdadeiro planificador, o verdadeiro constructor dun espacio vital e social, pois ninguén vive afastado de sí mesmo ou do entorno social. Ésta é unha vella tradición que herdamos os galegos dos romanos: somos “homo conditor”, aqueles que plasmamos os contidos que dan último sentido ás formas arquitectónicas.
A integración do home a un territorio dáse en forma de “arraigo” (asentarse, establecerse, instalarse, fixarse nun lugar) a condición de entender este feito como un espacio socio-cultural total. Eiquí o celme da nosa presentación.
Este “arraigo” obedece a unha serie pluridimensional de componentes que integran individuo, sociedade e cultura, conxuntamente coas coordenadas espaciais e temporais. Non é posible “construir” unha cidade sen ter boa conta do espacio e do tempo, especialmente configurado polas xeracións a devenir.
Moitas vegadas escoitamos dicer “eu son coruñés”. Moi ben. Mais ¿qué siñifica ese conceito? Pois a identificación do home cun sitio, nun espacio-tempo, cunhas características sociais determiñadas e unha cultura.
Non é custión de construir megalópolis ou polígonos sen vencellamento co entorno, coa historia do lugar e coa sociedade. Este arraigo tamén depende das estructuras participativas, dos diferentes grupos, das variadas organizacións e de todos aqueles que se sintan involucrados, conformando todo esto unha comunidade local.
Deciamos que non é custión de construir ou mercar un piso. É necesario que o habitante participe dun marco normativo e axiolóxico que determina a sociedade. Identíficase co devandito marco ou permanece na anomia. Pode ser unha identificación crítica máis finalmente identificación. As formas de habitar un territorio facilitan o arraigo e unha concepción persoal do entorno.
Apelemos, unha vez máis, o coñecemento dos sociólogos que afirman diferentes níveis deste arraigo: a) un arraigo froito dunha comunidade de sangue, un arraigo “doméstico”; b) un arraigo local inmediato (veciños, bairro, municipio, comunidade local); c) un arraigo urbán (a cidade como marco de referencia e convivencia); d) un arraigo nacional e, finalmente, e) un arraigo cultural
Coidamos que todo é moi simple mais somos herdeiros partícipes dunha preteridade que “habita” noso tempo presente. O pasado está alí, na paisaxe, nas rochas, no mar, nas arbres e nos paxaros. Nós encarnamos o presente que sempre é unha continuidade. Por iso tenemos tamén unha responsabilidade sobre o sitio no que “edificamos”.
A casa e o hábitat deben ser “vividos”, “soñados”, “imaxinados”, pois sen estas dimensións a realidade fica manca de sentido. O goce polo sitio elexido non reside só no que se recibe senón tamén no que se comparte. Hai un xogo dialéctico entre a “casa” e a “comunidade”, entre a “casa” e o “universo”.
Todo esto que comentamos ven interferido por un proceso de despersonalización da construcción de entornos que provoca desarraigos progresivos. O home actual vaise distanciando do que no pasado xeraron os antergos fundadores de cidades, secularizando as megalópolis actuais, desvinculándose do auténtico habitar, rompendo vencellos coa natureza, afastándose das personas nunha actitude insolidaria e provocando o medre da corrupción.
Debemos atopar as raíces do noso verdadeiro sentido de vida cultural, do noso “habitat”. Sabemos da interpretación dos “grandes constructores de hábitats” que configuran un espacio egoísta, con criterios utilitaristas, tributarios dun espacio de explotación e dominio. Logo non temos tempo de protestar.
Se toleramos a depredación da natureza e a modificación natural do entorno, colocámonos, automáticamente, fóra dese entorno. É algo externo a nós, algo para “explotar” (e vale a pena seguer a etimoloxía da verba). Somos e son capaces de chegar á devastación se é necesario para construir fóra da nosa cultura, do noso entorno, da nosa historia.
Non podemos abandonar á “Artabria”. Seremos, por vocación, “cidadáns da Artabria”, chamados a respetar un espacio vital importante. Non podemos “desertar” (de-sedere: abandonar a sé). Éste é noso territorio. Ésta é a nosa cultura, o noso hábitat.

11 Comments:
¿May I obtain some further information about "Artabria"? Please, send a mesage to
idy@leland.stanford.edu Thanks
Suliño que o primeiro porto de pesca fresca galego foi o de A Coruña. Esto mantívose ata que por causas políticas quixeron quitar esta base. E finalmente a quitaron mediante trampas financieiras. Non embargante isto, si como din neste blog, se constrúe un porto exterrior e outro en Ares, xunto con Ferrol, porqué non teríamos O GOLFO ARTABRO. Segundo estudos feitos e o que aquí din, coincidimos que todo isto estaría mellor situado, habería aforro de tempos e pasaríamos a ser cabeceira de entrada na UE, tanto para a península como para construir un porto de contendores.
Noraboa polo blog.
Interesante páxina. Merece actualización.
estamos a ver parvadas nos periodicos sobre os plans de Fomento e demais, agora queren vendernos que o BARATO, e que rescindamos as concesios, pero o mais BARATO,e construir as 3 pontes, como se dixo anteriormente, pois con a subvención de UE, pagarimos en total 580 millos de euros, e quitar tanto a Barcala, como facer a AVE a Ferrol costa moito mais de 1000, e polo tanto ganaríamos en % de menor envio de CO2 a atmosfera- que e multa por non pagar, e demais problemas medioambientais, coma facer uns desmontes de 50 km. con 50 ms. de servidumbre, vamos unha tontería, economica e medioambiental
Tamen se dixo que e moi caro, pero non e mais caro esto de recuperar a conseción?
Pedro Madruga 29/4/6
Coma estaba a preverse of spain, se quere guillotinar a posibilidade de crecemento da industria enerxetica, mediante as duas vias de o crecemento das enerxias alternativa, ou de Reganosa, via eliminacion da posibilidade de incrementar as ramias de saida, maila capacidade,no obstante habería que protestar ante a UE, pois nas suas conclusios sobre a salvagarda de abastecemento de electricidade e gas, din que "nn se pode poñer en peligro as empresas e os cidadas,por non incrementar os investimentos e/as infraestructuras, e decir ten que haber seguridade de conexion e de posibilidade apagós ou interrupciós de sumnistro
Vemoas que a parbarie psedoecoloxista, quere mandar na Galiza, coma os conservadores-e curas do século XIX, queimando as industrias, polo peligro que teñían, eso si foronse pra
asturias, e nos a emigración, agora o mesmo,estos NEOCONSERVADORES ECOLOXISTAS, que non saben nada mailos seus adlateres do PSOE de Pesca e do Medioambente e o Touriño tamen chamada nos madriles "O galego apocado-normal", que sempre razona pra eles, e non pra os galegos pra os que di governar.
Saiu moi ben unhos dos millores persoeiros da industria da Galiza, non coma o PSOE-Vazquiño do ladrillo e a especulación, senon inversios pra a xente, ademais unha leccion de parvulos, pra a demagogia da REDE Natura, pois como el di - e as leises SI SE PODE INDUSTRIALIZAR ESA ZONA, i e falso que sexa tan importante, senon estaría nun parque natural ( que por certo o PSOE_PSG, non fixo nada por facer algun outro nestos anos da democracia), aunque creo que si este investimento por unha casualidade, fora pra os seus amigos do sur estaría ben (aunque tamen pode ser - ao millor ai o 3% de cataluña sen pagar ???)
A os amigos de Muxía que lles den, pero pra min non, porque aunque non son da corda dos seus votos maioritarios non ai que condnalos a emigracion, por unhos pseudoecoloxistas de fin de semana
6/5/6
Podemos estar contentos, pois parece que os proxectos ditos neste blog empezan a vislumbrarse:
1) Gran Parque industrial en Brion-Caneliñas (pese o PSOE; recordar o problema< de LIDL, que quixeron levalo a o interior)
2) Vese xa, coma natural a ampliazón dos portos de Langosteira e Caneliñas, o cal era evidente pra un cego.
3)Falta o pago do mesmo que poderían ser vía UE, como portos de desconxestión e mailo portos refuxio - que serán pois os accidentes estarán aí, aunque non se quera- así que polo menos que o pagen, porque ata agora o que pagou e pagará seran os galegos mediante a Xunta pra Ferrol (FEDER), e A Cruña, venta dos muelles, que pagaran os Cruñeses polos pisos
4) Porque si pagamos nos, non facemos un Consorcio Rexional Galego e da UE, de ambolos dous portos e as suas zonas industriais 5) ou pedir a UE unha zona de -REXIMEN ESPECIAL (concellos do entorno + os 2 portos, zona franca incluida-parques industriais pra 20 anos, (e decir 20+30 millos de m2) e prevision de ampliazóns futuras), esto poderíase solicitar por:
a)Zona en declive industrial naval (Ferrol)e de cohesión e integracion A Cruña, desenvolvemento territorial con as 3 pontes e a integracion dos concellos correspondentes entre Naron e Carballo
6) Con o segundo ramal de Reganosa e as directrices da UE, sobre os precios e desenvolvemento industrial se poderían ofertar nas zonas francas enerxia mais barata, e polo tanto atraer a industrialización da zona
VAIA PILA DE BARBARIDADES QUE ESTADES A DICIR SOBRE "ARTABRIA". E EN CANTO Ó NOSO PATRIMONIO E A NOSA HISTORIA ¿VOS VISITANTES ALGUNHA VEZ O CASTRO DE ELVIÑA? ... LOGO... ¿ONDE CARALLO VISTES ESE ARCO DO QUE FALADES? ¿TODAVIA SEGUIDES CAS PROSMADAS DOS MITOS CELTAS?. ANTES DE FACER UNHAS PAXINAS DE "DESINFORMACION", ÉVOS MELLOR QUE LEADES UN POUQUICHIÑO MÁIS E DEIXARDES DE SER TAN IGNORANTES. POLOS VOSOS COMENTARIOS DEBEBES SER ADOLESCENTES, E DENDE LOGO, URBANITAS. VIAXADE E COÑECEDE O VOSO PAIS. E POR CERTO O DA "CIDADE DAS RIAS" NON VOS É NADA NOVO ... ¿SOAVOS O ARQUITECTO ALBALAT E OUTROS? ...
INDA ASÍ, CORDIAIS SAUDOS, E A INFORMARSE UN POUQUIÑO MÁIS, QUE PARECEDES CACHORROS DO PP, ESO SI, NEOFALANTES (O CAL NON ESTA MAL, POR ALGO SE EMPEZA).
SINTO NON PODER IDENTIFICARME MELLOR, POIS NON TEÑO PAXINA WEB.
O DITO. SAUDOS DUN DAS RIAS DO NORTE-NORTE ¿ENTENDÉMONOS? ¿NON SI?
This article is fantastic; the information you show us is very interesting and is really good written. It’s just great!! Do you want to know something more? Read it... Glass Bongs and Bong featuring Herbal Smoke, water bongs, bongs online head shop, Marijuana Alternative,glass water bongs, Hashish, Ganja, homemade bongs, Smokeshop, cannibis, legal smoking alternatives for herbal highs and aphrodisia. http://www.headshopinternational.com
hola estoy organizando un "cafe & blogs
seria grato contar con tu presencia
mi email es planetfrank en gmail punto com
Bonjour, artabrigos.blogspot.com!
[url=http://farmaciacialis.fora.pl/ ]comprar cialis en espana[/url] [url=http://cialisfarmacia.fora.pl/ ]vendo cialis online[/url] [url=http://medicocialis.fora.pl/ ]comprar cialis online[/url] [url=http://cialisbarata.fora.pl/ ]vendo cialis online[/url] [url=http://escialisonline.fora.pl/ ]comprar cialis [/url] [url=http://cialismasbarata.fora.pl/ ]vendo cialis online[/url]
Publicar un comentario en la entrada
<< Home